Con motivo do Día das Letras Galegas, quería deixar un feixe frases en galego neste pequeno tobo que construín na blogosfera.

17/05/2012

O primeiro que hei de facer é pedir desculpas polo meu galego. Hai tanto tempo que non o uso, que ademáis de obsoleto -de arcaico que me vai quedando-, está oxidado -do nulo uso que del fago-.

O meu discurso natural é en castelán, e agora que resido fóra, tócame procurar as verbas en inglés. Perdoade a miña bravura, a de encarar unha entrada escrita nunha lingua que estou ben lonxe de dominar, pero sobre todo, perdoádeme por non dominar unha das miñas linguas madre. É certo que os xogos de desacordos que os expertos fixeron coa sua normativización son en parte a causa do meu desdominio. Pero tamén hei de asumir a miña responsabilidade: o desinterese, a despreocupación, o deixarme caducar sen mirar para unha cultura que quere crecer e que eu deixo morrer en min. Perdoádeme por non ter engadido o meu graíño de area, a miña mota de pó, o meu pequeno día a día.

Hoxe estamos de celebración. Este ano dedicamos o Día das Letras Galegas a Valentín Paz-Andrade, de quen cáseque non coñezo nin o nome. Éme familiar, si; e máis nada; tal é a miña desligazón coa terra e os seus froitos. A saber, seica din con algunha das súas obras na casa da miña nai, entre as cousas que o meu irmán, o dos Cultivos Mariños, deixou cando marchou.

Pola miña parte, este ano empezarei unha cruzada lingüística que non me vou comprometer a seguir… -porque se me coñezo un bocadiño, non saberei como…- pero é o meu desexo voltar dalgún xeito á orixe e reafacerme a esta miña lingua, a lo menos un pouco. A lingua que abondonei a esquecemento e consentín no desuso, pero que non soubo menos que deixar as súas pegadas impresas nalgún recuncho da miña cabeza: un sinal turbio, pero suficiente para achegala e traela de volta.

Editado en Maio de 2018